Nos alegramos de poder anticiparnos al estreno oficial del videoclip de «Xente que mira», incluida en el primer álbum de Atrás Tigre.
Traducción al gallego: Simón Cuba
Prema aquí para obter unha versión galega deste artigo.
Atrás Tigre es un grupo afincado en Santiago de Compostela e integrado por Pedro Solla (voz y guitarra), Olalla Cociña (teclado y voz), Xiana Arias (bajo y voz) y Antón Blanco (batería). Su talante pop guarda un reconocido parentesco con The Field Mice o Another Sunny Day, grupos de la discográfica británica Sarah Records con quienes esta banda gallega comparte un parecido gusto por las melodías, un punto de jangle en las guitarras y matices lo-fi en la producción. Los compostelanos cuentan en su haber con el EP homónimo Atrás Tigre (Triunvirato, 2016) y el álbum Fainos saír (Triunvirato, 2017), adelantado en su momento por el videoclip de la canción que le da título.
Todas las personas detestamos ser juzgadas por los demás. Sin embargo nos reservamos el derecho de juzgar a otros, y lo hacemos a menudo de forma gratuita y categórica.
No obstante, ya desde mi primera escucha de Fainos saír tuve claro que «Xente que mira» era incuestionablemente su tema central. La introducción protagonizada por la batería y el ruidoso bajo no tardaba en dejar paso a los teclados y a un estupendo riff de guitarra, genial en su simplicidad. La inmediatez de su pop atemporal —pese a un cierto aroma a new wave— la convertía en una canción memorable, con un aspecto lírico basado en la siguiente premisa: «Todas las personas detestamos ser juzgadas por los demás. Sin embargo nos reservamos el derecho de juzgar a otros, y lo hacemos a menudo de forma gratuita y categórica. Observar a otros cuando nadie nos mira sería una manifestación cotidiana de todo esto. Y quien diga que no lo hace, miente».
El grupo no ha estado ocioso durante el año transcurrido desde la publicación de Fainos saír y a sus numerosas actuaciones en directo hay que añadir su participación en el recopilatorio Galician Bizarre III con «Abisal», canción que aún no hemos podido escuchar. Y, por si fuera poco, Atrás Tigre acaba de dotar a «Xente que mira» con una merecida categoría de sencillo, utilizando un videoclip como vehículo. Este vídeo ha sido producido por Prenom, contando con Mar Catarina como directora y Rubén Domínguez en las tareas de edición y posproducción, además de la participación de las actrices Smara Negrón e Irene Lourido. Nos enorgullecemos de poder presentaros este videoclip unos días antes de su estreno oficial.
Versión en galego
Atrás Tigre é un grupo establecido en Santiago de Compostela e integrado por Pedro Solla (voz e guitarra), Olalla Cociña (teclado e voz), Xiana Arias (baixo e voz) e Antón Blanco (batería). O seu talante pop garda un recoñecido parentesco con The Field Mice ou Another Sunny Day, grupos da discográfica británica Sarah Records con quen esta banda galega comparte un parecido gusto polas melodías, un punto de jangle nas guitarras e matices lo-fi na produción. As compostelanas contan no seu haber co EP homónimo Atrás Tigre (Triunvirato, 2016) e o álbum Fainos saír (Triunvirato, 2017), adiantado no seu momento polo videoclip da canción que lle dá título.
Todas as personas detestamos ser xulgadas polos demais. Sen embargo reservámonos o dereito a xulgar a outros, e adoitamos facelo de forma gratuíta e categórica.
Non obstante, xa dende a miña primeira escoita de Fainos saír tiven claro que «Xente que mira» era incuestionablemente o seu tema central. A introdución protagonizada pola batería e o ruidoso baixo non tardaba en deixar paso aos teclados e a un estupendo riff de guitarra, xenial na súa simplicidade. A instantaneidade do seu pop atemporal —pese a un certo aroma a new wave— convertía a nunha canción memorable, cun aspecto lírico baseado na seguinte premisa: «Todas as personas detestamos ser xulgadas polos demais. Sen embargo reservámonos o dereito a xulgar a outros, e adoitamos facelo de forma gratuíta e categórica. Observar a outros cando ninguén nos mira sería unha manifestación cotiá de todo isto. E quen diga que non o fai, minte».
O grupo non estivo ocioso durante o ano transcorrido dende a publicación de Fainos saír e ás súas numerosas actuacións en directo hai que engadir a súa participación no recopilatorio Galician Bizarre III con «Abisal», canción que aínda non puidemos escoitar. E, por se fora pouco, Atrás Tigre acaba de dotar a «Xente que mira» cunha merecida categoría de sinxelo, utilizando un videoclip como vehículo. Este vídeo foi producido por Prenom, contando con Mar Catarina como directora e Rubén Domínguez nas tareas de edición e posprodución, ademáis da participación das actrices Smara Negrón e Irene Lourido. Nos honramos de poder presentarvos este videoclip uns días antes da súa estrea oficial.